O clásico recuperado
QUE PASABA no mundo en 1887? Así, de memoria, supoño que nin eu nin vostedes o sabemos. Non é un deses anos que pasaron á Historia da humanidade. En España promulgouse unha Lei de Asociacións e comezou a nacer o Modernismo arquitectónico da man da Art Nouveau. Polo mundo adiante Zamenhof inventou o esperanto e Hertz descubriu as ondas electromagnéticas, por exemplo. E, no medio de todo isto, un escritor mexicano, Gómez del Palacio, publicou a que ata estes días era a última tradución poética e completa ao español da Xerusalén liberada de Torquato Tasso.
A Gerusalemme era, na nosa opinión, o derradeiro clásico esquecido na tradución española e a editorial Acantilado e José María Micó enchen este oco imprescindíbel. Os tradutores non reciben en moitas ocasións a atención que merecen, así que déixenme determe na figura de Micó por uns intres: editor anos hai do Guzmán de Alfarache, filólogo e mestre de filólogos, nos........
© Galiciaé
visit website