Máquinas pensantes
Como son un señor profesor de máis de corenta anos, a intelixencia artificial non achega aínda demasiadas cousas boas á miña vida. Si, podo usar tradutores en liña con eficiencia... pero xa leo e falo varias linguas, co que non os preciso con frecuencia; podo localizar palabras illadas en documentos, mais como adoito ter boa memoria non lle quito moito partido ao asunto; fago preguntas aos chats de intelixencia artificial, pero as respostas son mediocres moi decote e non as uso. En troques, tiven que eliminar a entrega de traballos sobre temas académicos ou libros de lectura porque estaba cando de corrixirlle os erros aos motores de IA.
Non obstante, si estou firmemente convencido de que a intelixencia artificial vai mudar a nosa vida cotiá de xeito dramático nos vindeiros anos, alén de aconsellar operacións de bolsa ou crear portadas de libros. E canto antes esteamos familiarizados co seu verdadeiro funcionamento, mellor poderemos........
© Galiciaé
visit website