Fechas históricas
ESTOU DE regreso á universidade. Xa non hai piso pagado polos pais, veciños que teñen plantas sospeitosas nin festas os xoves nos locais do centro de Lugo. De feito, xa non hai clases senón PEC –a miña compañeira Sara Fernández lembroume que agora a sigla cambiou de significado– e non hai apuntamentos senón manuais moi grosos.
En resumo, vou camiño de ser historiador aos meus anos e miro con especial agrado as novidades da disciplina. Por iso caeron os meus ollos en Fechas que hicieron historia, unha novidade de Anagrama na que o historiador francés Patrick Boucheron reflexiona sobre un tema sempre candente para os estudantes –xa sexan de secundaria, xa de universidade–: as datas na Historia, a súa importancia e os xeitos diferentes que temos os seres humanos de crear un acontecemento.
Boucheron é toda unha figura recoñecida no país veciño. Coordinador do best-seller Historia mundial de Francia........© Galiciaé
visit website