Fachosfera académica
Para derribala ou axudar a iso certos países, en particular Estados Unidos, fixeron táboa rasa cos opositores: tanto tiña que fosen os escasos liberais coma os numerosos ultraconservadores que non andaban demasiado lonxe, por exemplo no seu antisemitismo, dos nazis derrotados en 1945 —eran opositores, en calquera caso—. E ademais construíron todo un aparato intelectual, reforzado ao longo dos 90 e representado pola historiadora Anne Applebaum, que dese soporte a esa operación. Cando Polonia rematou convertido nun país fundamentalista no corazón de Europa, miraron para outro lado, sorprendidos coma o capitán Renault en Casablanca.
El fin de la inocencia de Stephen Koch, que volve publicar agora Galaxia Gutenberg en español despois de anos descatalogado, forma parte desa operación de propaganda, coma, por exemplo, o famoso Libro negro do comunismo, elaborado por un grupo de historiadores........
© Galiciaé
visit website