Fóra de África
A miña primeira clase na universidade tivo lugar na materia de Novas Literaturas en Inglés e consistiu nun comentario sobre imaxes e temas en Memorias de África. Aínda estabamos a deconstruír a nosa imaxe de África e da literatura africana, polo que vista en perspectiva foi bastante lamentable. Supoño que lembrarán o filme, baseado na obra homónima de Isak Dinesen: Meryl Streep, Robert Redford, preciosos planos aéreos, a poboación local como figurantes dun drama alleo. Agora vemos o que non se vía nin en 2005 –cando tivo lugar esa clase–,nin en 1985 –cando se produciu a estrea da película: puro estereotipo—.
Que estes prexuízos non se superaron demóstrao a edición do ensaio África no es un país de Dipo Faloyin, no selo Capitán Swing, todo un exercicio de crítica sobre as imaxes que seguen a dominar a opinión sobre o continente aínda arestora e a pesar do estoupido do turismo e as........
© Galiciaé
visit website