Dione na igrexa
A pesares de tan escura composición, a obra de Orff non só sobreviviu senón que se popularizou e levou tras de si os propios poemas nos que se baseara, que pasaron a traducirse aos principais idiomas do mundo e aínda seguen a atraer lectores en novas linguas. É o caso do galego, lingua na que Rinoceronte, na súa colección Vetera, dedicada aos clásicos, vén de publicar os poemas de amor dos Carmina Burana da man do profesor Xosé Carracedo Fraga, nunha tradución e edición que actualiza e mellora a publicada polo mesmo tradutor uns anos atrás.
Chama a atención ao lector informado a escolla dos poemas de amor da serie, que non son os máis coñecidos nin foron os que máis usou Orff na súa popularizadora cantata. Os goliardos –quizais o nome veña dunha mestura do xigante........
© Galiciaé
visit website