Diálogos
Durante anos tería respondido eu Thomas Mann; aló polos 2010 tería escollido a Shakespeare; arestora, creo que estou a entrar na miña fase Jorge Luis Borges, o cal resulta moi acaído porque se está a celebrar o 125º aniversario do seu nacemento, o que está a producir reedicións sen número —aproveitemos para lanzar unha mensaxe nunha botella e animar a Destino a reeditar esa alfaia que é Borges de Bioy Casares, escollido coma un dos mellores libros en español do século XXI e só dispoñíbel en librarías de vello por varios centos de euros—.
De entre estas novas edicións hai que salientar Los diálogos (Seix Barral) mantidos entre Borges e o poeta e xornalista Osvaldo Ferrari, que aparecen agora nun só e groso volume e grazas aos que podemos achegarnos de xeito fondísimo ao mestre bonaerense. Porque con Borges dáse un caso insólito na literatura........
© Galiciaé
visit website