De Valquiria a Abisinia
Pasou o día e pasou a romaría. Laszlo Krasznahorkai non apañou o Nobel nin tampouco o noso protagonista de hoxe, Mircea Cartarescu, visitante en Compostela neste mes de novembro e convertido cada vez máis en autor de culto despois de Solenoide e a triloxía Cegador, todas elas publicadas en español por Impedimenta. Regresa agora o autor romanés ás nosas librarías nun molde moi diferente, o da novela histórica, con Theodoros.
Se hai unhas semanas falabamos de que Krasznahorkai resultaba máis accesíbel na súa novela sobre un vello barón arruinado ca, por exemplo, na mítica Satantango, algo similar podemos dicir de Cartarescu con Theodoros. A novela histórica ten dado pezas mestras da narrativa do século XX, tamén dende a óptica experimental, como A morte de Virxilio de Broch ou Os idus de marzo de Thornton Wilder, e podemos dicir que esta novela está situada neste ronsel e non nos vellos........© Galiciaé
visit website