De Dalmacia a Belgrado
Hai unhas semanas tiña que me achegar á libraría recoller un libro. Pedinllo a Lili, quen axiña me preguntou por el, xa que en apenas unhas horas vendera un par deles e outras persoas preguntaran, algo estraño para un ensaio. Non tiven que improvisar unha resposta, porque o tal libro era Cordero negro y halcón gris de Rebecca West, un clásico da literatura de viaxes que en boa parte xa lera hai anos no orixinal inglés e que agora reedita —en dous volumes, dos que arestora só temos o primeiro, e nunha tradución publicada xa a comezos do milenio en España— Reino de Redonda, ese estraño proxecto editorial que agora é unha peza máis do legado literario de Javier Marías. E por que ese interese? Porque a obra cheira a Iugoslavia, terra mitificada por boomers e millenials. Ensínenme un home español que teña entre 55 e 40 anos cuxo ídolo non fose Drazen Petrovic e que non quedase traumatizado polas........
© Galiciaé
visit website