Crise no sistema
CALQUERA teórico sabe que nos sistemas literarios prodúcense momentos de crise. Os galegos tendemos a analizar os que corresponden á nosa literatura e non miramos moito alén Pedrafita. Porén, é posíbel que esteamos a deixar pasar unha boa oportunidade de minguar os nosos dramas por non atender ás relacións entre o sistema literario español e un aínda máis grande: o inglés.
Benjamín Labatut. EFENos últimos meses dous autores latinoamericanos, o arxentino Hernán Díaz e o chileno Benjamín Labatut, tomaron a decisión de publicar as súas novelas directamente en inglés e non en español. Pode que non sexa casualidade, no caso de Díaz, o feito de que cambiasen os criterios do Pulitzer, un dos premios máis prestixiosos do panorama internacional, para que agora poda premiarse a autores non estadounidenses sempre e cando vivan no país das barras e estrelas. Labatut, que foi finalista do Booker Internacional —outro premio de grande........
© Galiciaé
visit website