menu_open
Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Con man mestra

16 0
12.03.2024
LEMBRO coma se fose hoxe a primeira vez que escoitei falar de Søren Kierkegaard. Literatura española de Cou, o derradeiro curso da secundaria. A novelística de Pío Baroja, a desesperación de Andrés Hurtado en El árbol de la ciencia. Non o teño moi complicado: agora, dou clase na mesma aula na que lin ese nome escrito a finais de 1999. Como non aparecía no temario de Filosofía, quedou apartado ata os 2000, cando comezaron a aparecer as súas obras completas en Trotta —non completadas aínda, se non ando errado—. Non entendín ren e aínda estamos nesas. O grande pensador danés segue a ser a miña fronteira lectora.

Di o meu compañeiro e amigo Alexandro, filósofo e mestre, que non entendo a Kierkegaard porque nunca padecín o conflito relixioso. Ten razón: pasei dun cristianismo moderado dereito ao ateísmo radical. Por se acaso, precisaba unha guía para a comprensión dun intelectual básico para........

© Galiciaé


Get it on Google Play