Co lapis na man
Jürgen Habermas é o último grande filósofo, un clásico que se mantén en activo namentres se cita en libros de Historia da Filosofía ou temarios de oposición coma se levase medio século morto. Tamén é un xigante intelectual cunha lonxevidade que se achega arestora ao territorio do mítico, xa que, con 92 anos vén de publicar en español o primeiro volume da súa definitiva Una historia de la Filosofía, dedicado ao que el chama A constelación occidental de fe e saber.
O orixinal alemán apareceu hai catro anos, cando Habermas só contaba con 88 anos. Un raparigo. Publica, coma sempre no caso do filósofo nacido en 1929 en Düsseldorf, a editorial Trotta, nun esforzo inxente, posto que cando se complete a obra co segundo tomo estaremos preto das dúas mil páxinas, un volume impresionante para estes tempos de edición turbulenta.
Habermas é o grande representante da segunda xeración da coñecida Escola de........© Galiciaé
visit website