Bulos educativos
DENTRO DE todo español e todo galego late o corazón dun seleccionador de fútbol e dun ministro de Educación. Ao cabo, todos pasamos moitos anos no sistema educativo: como pouco seis de primaria —oito, os de máis de corenta— e catro de secundaria, aos que con moita facilidade suman os máis novos outros dous de Bacharelato. E queda a Universidade. Se o meu veciño do sexto estivo 18 anos nun centro educativo de calquera tipo... como non vai saber como funciona iso da educación?
Pois non, non o sabe. Se me permiten retomar o tema futbolístico, é o mesmo que cando o exseleccionador español Javier Clemente declarou que só por ver fútbol a xente non sabía de fútbol... porque se fose así as máis sabias serían as vacas de Lezama, que pasan anos a ver os adestramentos... e non están en disposición de mellorar o rendemento do Athletic de Bilbao. É máis: ás veces de educación non saben nin os expertos —a etiqueta de experto en educación........© Galiciaé
visit website