As lendas de Poe
Como a tantos outros, Edgar Allan Poe perségueme dende a adolescencia: aquel libro de cen pesetas sobre a rúa Morgue; a tradución de Cortázar que comezaba co inmorrente William Wilson; a fascinación co inaugural Metzengerstein e o seu cabalo salvaxe; O corvo na súa visión dos Simpsons; Poe como fondísimo teórico da poesía como técnica e non como inspiración na Filosofía da composición —un texto que aínda agora non remato de crer, todo hai que dicilo—.
Cando un caeu nas gadoupas de Poe de case neno, nunca pode fuxir. Por iso moitos poden atopar de interese a última biografía publicada en España do xenio virxiniano: La razón de la oscuridad de la noche, de John Tresch. Un longo subtítulo presenta o que, en teoría, é o principal interese do ensaio: Poe non só como escritor senón como personaxe chave para a formación da ciencia —máis ben habería que dicir a filosofía........© Galiciaé
visit website