menu_open
Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

As colonias

6 0
15.10.2024

A LITERATURA ten a virtude de achegar ao grande público realidades agochadas ou pouco coñecidas. Foi o que ocorreu cunha das grandes sensacións literarias dos últimos tempos da literatura galega, Ninguén queda, de Brais Lamela, que no ronsel das mellores novelas do século XXI en Europa –Sebald, Cartarescu, Stepanova–, explora os temas da memoria e dun pasado que se resiste a desaparecer. Neste caso, o das colonizacións durante o franquismo.

É esta unha novela que se desenvolve a medio camiño entre o Arneiro, con Xustás a zona máis plana da Terra Chá, e Nova York. Na Galiza non había moitas máis opcións: dende unha das primeiras páxinas de Los pueblos de Franco. Mito e historia de la colonización agraria en España, 1939-1975 (Galaxia Gutenberg), o ensaio que traemos a estas páxinas esta semana, saúdanos un mapa no que só vemos dous puntos de colonización no país: o que Lamela retratou con acerto e outro situado, aproximadamente, nas Fragas........

© Galiciaé


Get it on Google Play