Ameixas Verdes e Cabaliño Branco
An Lushan era un soldado que nacera na fronteira chinesa cos pobos túrcicos e se dedicara á bandidaxe. Tras medrar nas ringleiras do exército do emperador Xuanzong acadou tal poder que lle deron unha provincia propia. Cando morreu o primeiro ministro do emperador, An lanzou as súas tropas contra o seu sucesor. Os resultados foron a caída de Xuanzong e uns 36 millóns de mortos, unha das meirandes catástrofes da historia da humanidade segundo o historiador Matthew White.
A rebelión de An Lushan ocupa un lugar senlleiro na historia cultural chinesa porque no seu corazón viviron os que se consideran os dous mellores poetas do xigante asiático: Du Fu e Li Bai –Li Po segundo o máis antigo sistema de transcrición, que aínda pode atoparse en certos libros e manuais–. Edicións Cátedra publicou hai uns meses na súa colección Letras Universais unha xenerosa escolma do segundo, intitulada........
© Galiciaé
visit website