A rede de cables
SE TEÑO unha curiosidade arredor do meu corpo é a de como funciona o meu cerebro. O meu amigo e compañeiro Álvaro Fernández, sabio das Ciencias Físicas e Químicas, sostén que a miña capacidade para almacenar datos inútiles non é tal, senón que teño un esbirro que me sigue onde queira que vou e me dá informacións a través dun auricular. Por outra banda, unha das principais diversións da miña dona é preguntar datos sobre países estraños que eu respondo distraidamente namentres, por exemplo, non son quen de atar correctamente os cordóns dos zapatos.
David Eagleman e a Editorial Anagrama propoñen unha hipótese moi interesante sobre estes fenómenos, e aqueles que vostedes mesmos experimentarán de seguro, en Una red viva, ensaio que chegou ás librarías españolas a comezos do 2024 e que continúa a tradición de estudo do funcionamento da mente e o cerebro que impuxo hai décadas Eduard........
© Galiciaé
visit website