menu_open
Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Unha época para ser dandi ou socialista

15 0
27.02.2024

Hai anos fixéronse públicas unhas gravacións nas que Francisco Umbral fala co seu fillo Pincho, a ilusión perdida. Ten unha voz máis delgada, como de xastre amable que che toma as medidas sen que te sintas incómodo por todas as imperfeccións do teu corpo. Soa moi distinta que aqueloutra voz que resoa na bodega dos viños máis aristocáticos, que fai eco e se volve grave nas bóvedas celestes das igrexas románicas.

Umbral. Transiteino no vigor da mocidade, como a todos os talentos dos 50 (Cela, Delibes, Torrente,...) que eran case todos galegos ou impostaban selo para escribir na prosa barroca do noso país no idioma visitante de Castela que quedou entre nós. Volvo a Umbral a través de Francisco Umbral, manual de instrucciones (Renacimiento), de José Besteiro, que é o galego con máis bonos de compañías aéreas.

Durante varios anos, José e máis eu citámonos no Parador de Ribadeo para o primeiro almorzo do ano. Gustábame observalo mentres recolocaba as lascas de xamón sobre o pan torrado con aceite mentres me falaba do Mar de Fóra, o inaccesible Atlántico que el navegara en todas as direccións a bordo dun Boeing 747. A pandemia borrounos o xiz co que anotáramos eses momentos na pizarra. Virán os anos e nos volverán máis cegos a ambos, pero volveremos atoparnos e recoñecérmonos nas pegadas dactilares, o único lugar do noso corpo que non se parece a ningún outro.

Francisco Umbral é a historia dun home que non quixo parecerse a si mesmo nin aos seus contemporáneos. A maiores, fixo todo o posible por desparecerse. Hai un momento da adolescencia no que sube ao escenario do Teatro Calderón de Valladolid como número dunha velada poética. Na súa quenda, fronte a un público expectante da potencialidade dun talento que descubre a cidade, declama: «Estou canso, estou canso». E baixa da escena. Sentía o que Oscar Wilde categorizou como ‘spleen’, que é unha melancolía que carece dunha orixe concreta, unha tristeza suntuaria e frívola porque non procede dunha morte nin dunha enfermidade, nin sequera dun lacerante........

© Galiciaé


Get it on Google Play