Unha partida entre os reis da baralla
ADOLFO SUÁREZ era fillo dun procurador coruñés e republicano que marchou a Ávila por traballo. Casou coa filla dun adegueiro. Fernando Ónega defendía a súa condición de galego con anécdotas como que o daquela presidente do Goberno lle preguntou: "E ti que pensas que vou facer co PCE?". As anécdotas son maleables.
Como hoxe se cumpren 10 anos do seu pasamento, volvín sobre a súa figura, pero quixen facelo de modo indirecto. Manuel Vicent escribiu El azar de la mujer rubia (2013), unha biografía novelada de Carmen Díez de Rivera, a colaboradora máis eficaz de Suárez. Era unha muller tan bela que se viu rebaixada á categoría de «musa da Transición». Vicent defende a tese de que o seu papel non foi soamente trascendental, senón determinante. Cando menos en liberar atrancos como que o Partido Comunista fose legalizado.
Ao cumprir os 17 anos, en 1959, Carmen anunciou á familia que casaba co seu amigo da infancia Ramón Serrano. Intentaron que o pensase, que o atrasase; pero ela pediu a partida bautismal para empezar os trámites. Ante as présas e o ímpetu, a súa tía, a escritora Carmen de Icaza, fíxolle saber que o seu pai, o marqués de Llanzol, non o era no ámbito biolóxico, que ela nacera dun longo amorío da súa nai, Sonsoles de Icaza, con Ramón Serrano Suñer, atractivo ministro de Asuntos Exteriores que o mesmo era partidario do nazismo que tiña fillas fóra do seu matrimomio con Zita Polo, a cuñada de Franco. Desde esa revelación, unha traxedia propia de Sófocles, Carmen Díez de Rivera quixo morrer, pero iso non acontecería ata 1999.
Todo Madrid, que é como dicir España, sabía que Carmen era filla dos encontros entre Serrano Suñer e Sonsoles de Icaza. Empezaran cando o goberno fascista estaba en Burgos e duró varias eternidades. O marqués de Llanzol, un bonachón monáquico, amou xenerosamente á filla que lle trouxeran á casa. A súa muller, trinta anos máis nova, montaba a cabalo coa súa amiga Aline, condesa de Romanones;........© Galiciaé
visit website