Un paseo temido polo barrio do Papagaio
Andei mirando a orixe desa onomástica. Eu lembraba a lenda local de que o Papagaio colleu ese nome da ave que trouxera un indiano retornado do século XIX. Metéraa nunha gaiola cara á rúa. Ela entretíñase insultando aos peóns e comiscando nas cascas de cacao americano que caían no Parrote. Daquela o chocolate xa era popular, unha vez superada a exclusiva que mantiveran os curas redondos do século XVI. Os sacerdotes adoitaban ir probalo clandestinamente ao Pazo de Xelmírez.
Iván Méndez, experto da Sección de Onomástica da RAG, conta que en 1555 o Concello da Coruña pagou uns ducados a un besteiro para que colocase "un papagaio". Non se refería a unha ave, senón a un papaventos. Era utilizado polos besteiros para facer prácticas de tiro. Se ese papagaio non é unha ave, eses besteiros non comerciaban con bestas, senón que disparan bestas, un tipo de arco. Precisaban de saber a dirección do vento para proxectar a frecha na dirección correcta.
O barrio do Papagaio, dicía, era o barrio chinés da Coruña; onde seica había un nutrido prostíbulo que era un imán para mariñeiros. Asociado ao lenocinio había un animado consumo de drogas. Como eu era crédulo e timorato cando era un rapaz, unicamente me achegaba ata esa zona na compañía dalgunha das miñas tías para comprar chocolate e café, se ben non avanzabamos máis aló da estremeira do Orzán.
Trato este asunto porque ando a voltas cun comunicado da AELG, a asociación de escritores do país, no que rexeita "calquera intento de manipulación ou distorsión" dos homenaxeados nas Letras. Nos ámbitos culturais de Galicia somos dados a comportarnos como se estivesemos nun baile de gala que dese o embaixador de Finlandia, todo é acusar sen concretar, sinalar por onde sopra o vento e reprochar co disfraz de Entroido posto. Levo varios días intentando saber cal é o vórtice da polémica.
Ao cabo dei cunha explicación de Montse Dopico, a quen situaría entre o máis........
© Galiciaé
visit website