menu_open
Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Un furacán arrasando o corazón da vida

4 0
15.10.2024

O MÁIS PARECIDO que coñecín foi o paso do Hortensia polo centro desa avenida ancha que é a mocidade. Foi en outubro de 1984. Pasaron 40 anos. Viviamos nun chalet adosado nas aforas de Ribadeo. Había hortensias mansas no xardín. As follas das hortensias poñense preciosas en outono porque o envés se decolora a un tono rosáceo. Recordo axudar ao meu pai e aos meus irmáns a opacar as ventás, a facer muros das portas. Recordo percorrer as habitcións da casa, de dous andares, para revisar cada regandixa, cada burato; cerrar todas as posibilidades ao vendaval, ao ventus validus dos romanos.

Despois houbo un fundido a negro. Son incapaz de lembrar máis nada, son incapaz de dicirlles se confiaba na solidez construtiva dunha vivenda do ano 1955 ou se aceptara o destino de ser tragado polo vórtice do furacán. Saltarei, logo, esa noite branca porque pode que o sono apagase as luces de perigo que iluminaban o medo en vermello.

  • Decenas de muertos por una cadena de tornados en EE UU

Espertar ao día seguinte do furacán foi un proceso tan fácil como todos os días. Primeiro cantaban os dous galos bravos que tiña Primitiva no curral un pouco máis arriba da nosa casa. A seguir, entoaban maitines os pardais nas árbores que pechaban o horto. Acordar nesa casa era como estrear o Paraíso coas chaves na porta, listo para entrar a vivir. Recordo abrir á contraventá da habitación que compartía con Iñaki, a luzada de sol, como cando pasas a vasoira e todo brilla dun xeito novo. O meu irmán maldeciu varios deuses da antiguedade e deuse a volta para seguir durmindo.

Sempre era o primeiro dos sete da casa que espertaba. Recordo baixar á cociña, que daba ao xardín. Recordo abrir a porta. Recordo a masa de follas duras e verdes que se me meteron ontra a cara. Houben de saír pola porta da fachada, aínda co pixama vermello e as zapatillas brancas, coas colores da bandeira de Inglaterra, para chegar ao xardín. Aínda podo lembralo........

© Galiciaé


Get it on Google Play