Tres horas de lume manso e vinte francos
A solución que atopei foi coller a idea e o método do ramen para adaptalos a produtos galegos. A carne é de porco e as hortalizas son cebolas, porros e allos. Fixen unha concesión á salsa de solla, esa prebe con aspecto aceitoso de automóbil barato e con demasiado sal para os estándares da miña tensión. Había de ceder nalgún elemento.
O ramen máis delicioso que comín na miña vida foi nos Estados Unidos. Bangor é unha vila cuberta de cinza e delimitada por postes telefónicos de madeira cos carteis de Búscase que parecían de películas do Oeste, pero levaban fotos de gatos de angora perfumados entre coxíns que tal vez se perderan ou tal vez foran roubados para sacrificios satánicos. Os norteamericanos son inclinados a ver o Demo detrás de todo mal. Poden atopalo tras un apagón eléctrico durante una misa ou tras as ideas de Karl Marx.
Empecei a ler onte a biografía que lle escribiu Francis Wheen (Karl Marx, Debate). No prólogo cita A resposta á Biblia de Moscova (1976) do reverendo Richard Wurbrand. O sacerdote ten claro que Marx é culpable de todos os crimes perpetrados por Stalin argumentados coas reflexións de O Capital (1867). Asegura que o filósofo foi iniciado por unha secta satánica tan secreta que carecemos de todo indicio da súa existencia. O único fío do que Wurbrand sospeita que pode tirar é de que Marx escribiu unha obra de teatro na súa mocidade co nome de ‘Oulanem’, que vén sendo un anagrama de Enmanuel, o nome bíblico de Xesús.
Faláballes de Bangor, que é unha vila horrenda de 20.000 habitantes pertencente ao estado de Maine. Nin eu nin os milleiros de turistas que van cada ano teríamola visitado de non ser porque alí estaba a mansión de Stephen King, un pastiche vitoriano de tan mal gusto como o resto dos edificios de Bangor. O vello Stephen cansou de quitar o seu gato negro pasear entre neve gris cada mañá e marchou vivir a outro sitio. Non me pregunten onde, non podo saber todo.
O asunto é que fomos ver a casa de King, visitamos a tenda de obxectos........
© Galiciaé
visit website