menu_open
Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Todos os xeitos singulares de ser pai

40 0
23.04.2024

AMADEUS viaxa a París dar uns concertos. Como ten 22 anos a nai, Anna Maria, acompáñao. A temperatura é baixa, propia do frigorífico dun matadoiro. A nai queda agardando polo concertista nunha casa. Pasa frío, tanto que o corpo reacciona cunhas febres que a matan. Leopold escribe unha carta iracunda ao fillo na que lle imputa o pasamento.

Tres anos máis tarde, aínda non reposto da culpa asumida, Mozart compón o Requiem. En Lacrimosa escribe a frase Iudicandus homo reus. Busco a palabra reus no meu diccionario Vox do bacherelato. Quero saber se Amadeus quere dicir que se xuzga ao home acusado ou culpable. O libro non fai a distinción, polo que non saberei se Mozart se sentía responsable do falecemento. Supoño que se vía culpable porque Leopold era un pai despótico. Recoñecera a xenialidade dos seus dous fillos, así que se aproveitou dela para levalos de tour polas cortes europeas.

Acantilado vén de publicar un ensaio de Miguel Ángel Marín sobre o Requiem que teño no limbo das lecturas pendientes. Mozart escribiuno por unha encarga sustanciosa e anónima do conde Von Walsegg, na honra da muller, logo de que ela morrese. O compositor traballa entregadamente entre xullo e novembro con tal enerxía que morre de esgotamento en 1791. O último que escribe son os oito primeiros compases de Lacrimosa, que completa un discípulo. É admirable o xenio co que Mozart mantén o vigor e a fortaleza da estrutura musical cun corpo xa devastado pola debilidade.

A noite antes de morrer pide a uns amigos que o visitaban a partitura de Lacrimosa. Quere que a canten xuntos porque necesita marchar aliviado da carga culposa. Ao rematar, confésalles: «Sinto xa o sabor amargo da terra». Precipitase logo no pozo dun coma negro e xelador.

Hai un par de semanas o meu fillo menor, Antón, volveuse maior de idade. Foi repentino, dun día para outro. Sucedeu unha noite, mentre eu lía os tres contos sobre pais e fillos que Sandro Veronesi escribe en Profecía (Anagrama, 2014). Miro agora o........

© Galiciaé


Get it on Google Play