Todos os libros que vivín en Nova York
Fago prácticas pasando ao galego fragmentos da novela Invisible. Avanzo unhas frases cada día, unicamente; pero sérveme para ir lendo cada vez mellor en inglés. De momento, permítemen entender letras de canción de Lou Reed e textos sinxelos do New York Times, que leo por coñecer a mirada da nova Atenas sobre a Magna Grecia que somos o resto do mundo. Infórmome, por exemplo, das protestas universitarias de xeito directo, agora que van esmorecendo os correspondentes de prensa. Aspiro a ler as páxinas impares da poesía de Geoffrey Hill na edición bilingüe de Lumen porque quedei a disgusto da tradución de Andreu Jaume Enseñat. Quixo facer un traballo tan persoal que cambiou o sentido orixinal.
De momento, dicíalles, estou con Paul Auster. Empecei por Invisible, na bonita edición en tapa dura de Faber & Faber. Poden lela en Galaxia grazas ao editor Carlos Lema. Lin esa novela con precaución porque me decepcionaran Viaxes polo scriptorium e Un home en escuridade —en Galaxia, ambas tamén—, pero reconciloume co contador americano.
Esa novela de actualidade porque o protagonista estuda en na Universidade de Columbia no tempo das protestas contra a guerra de Vietnam, unha absurda operación militar contra o comunismo ordenada por Richard Nixon que forzou a combatir e morrer a milleiros de rapaces. Nixon era cuáquero, un non espera nada bo de quen cre que Deus existe e redacta leis.
Columbia, e canda ela o resto de universidades norteamericanas, levantouse contra o respaldo armado do goberno de Joe Biden á Soah palestina, provocada polo lebensraum, o espazo vital de Netanyahu. Estados Unidos pode dar un Donald Trump, pero tamén pode regalarche unha conciencia colectiva de universitarios que sabe protestar ante os crimes. Son consciente de Hamás. Son un grupo terrorista; se tivesen tanques, serían un exército. Sería tan cruel como todos os exéercitos de Oriente Medio. Nesa área do mundo hai unha saturación de deuses verdadeiros, profetas revelados e camiños de salvación que impide comvivir. Comprara esa obra nunha libraría de Stanford Upon Avon. Visitaba a casa........
© Galiciaé
visit website