menu_open
Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Subir á montaña, baixar ao amor

19 0
20.02.2024

AO CABO Lenin estaba ao que estaba, a facer a revolución e non a contemplar paisaxes bonitas de campiña. El pensaba o mesmo que Orson Welles na película O terceiro home (1949) cando está aos pés dunha noria, a noria da vida, na Viena esmagada pola Segunda Guerra Mundial:
—En Italia, en trinta anos de dominación dos Borxia, houbo guerras, matanzas, asasinatos… Pero tamén, Miguel Anxo, Leonardo e o Renacemento. En Suíza, polo contrario, tiveron cincocentos anos de amor, democracia e paz. E cal foi o resultado? O reloxo de cuco.

Así que Lenin se dedicou en Zurich a poñer en hora a Revolución Rusa, seis anos que cambiaron a Historia. El vivía na mesma rúa do Cabaret Voltaire, que fóra cervexería e prostíbulo; nese tempo era local onde os dadaístas empezan a improvisar o Dadaísmo, que consistía, basicamente, en burlarse das revolucións, das montañas e mesmo de Lenin se chegan saber quen era o xadrecista que vivía rúa abaixo. En abril, cando máis bonita está a primavera no corazón de Europa, Lenin colleu un tren fantasma para recorrer Europa. Subiu na estación ás tres da mañá, entre o alento alegre e furioso dos bolcheviques, e as protestas dos pacifistas, que lle reprochaban que fose atravesar Alemaña, en guerra con Rusia. Os alemáns tendéronlle unha ponte de prata con forma de vagón opaco e selado.

Lenin morreu con 54 anos, hai agora cen, do terceiro ictus que lle deu e non dun envelenamento de Stalin, como aínda se especula. Supoño que Xosé agradeceu que a obturación das venas no cerebro do seu competidor lle aforrase un traballo. Nese sentido, Lenin tivo a sorte histórica de morrer nos primeiros anos da Revolución Soviética. Evitouse ser responsable do longo matadeiro que acabaría sendo a URSS baixo a man pesada coma o ferro de Stalin. Un extremo que me sorprendeu sempre é que había procesados que non unicamente eran levados a xuízo por un motivo aleatorio, é que debían inculparse do delicto creado para eles a posteriori. A pena era unha consecuencia lóxica.

A escritora Euxenia Ginzburg, por exemplo, foi enviada durante dez........

© Galiciaé


Get it on Google Play