menu_open
Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Padecemos os males do turismo inverso

7 0
02.07.2024

Este verán non vou ser turista. Na miña vida hai unha concatenación de desastres, grandes e cativos, que me impiden saír dos límites de Galicia . Se non saio das fronteiras do país considero que non viaxo. Teño unha amiga, xa maior, que suspira cada verán: "Que bonito debe de ser viaxar ao estranxeiro, a Becerreá ou máis aló". Non é independentista.

Así que verei os visitantes subir e baixar pola Praza Maior de Lugo, seguindo os seus guías, Teño un certo costume porque me criei en Ribadeo, que era un sitio de veráns madrileños e invernos de néboa. Era un turista inverso. É unha idea que non vou desenvolver nese principio do texto, pode que o faga uns parágrafos máis adiante. Pode que non.

Como vou pasar boa parte de xullo na miña cidade, sen poder marchar, estou cargándome de argumentos para alimentar a miña animadversión cara aos que poden viaxar, cara aos que veñen atopar Roma na terra na que remata o mundo coñecido.

Hai un par de semanas celebramos o Arde Lucus, un encontro multitunario entre romanos e castrexos no que participan toda a cidadanía e todas as institucións. Hai quen pensa que debería promulgarse con maior afán de Becerreá para aló e quen pensamos que preferimos tomar un café e ler o xornal sen ter que competir por unha mesa cun señor de Talavera de la Reina con pulseiras de coiro que nos solte "Buen camino".

  • A campo aberto

A miña sensación coa edición deste ano da festa é que vin máis romanos que os censados durante o maior esplendor do Imperio, que sucedeu gobernando Trajano. O emperador estaba atento aos cidadáns. Unha viúva achegouse a el na rúa. Rogoulle que castigase ao seu marido porque gastaba demasiado en comer. A súa gula era irrefreable.
—E por que debería preocuparme a gula do seu home?
A viúva, desarmada, volveu á carga. Revelouolle ao emperador que o seu marido criticaba a........

© Galiciaé


Get it on Google Play