Os marcos da cultura foron movidas
AGORA O consumo de música faise dun modo parcial. Cada quen escoita os artistas que lle gustan no seu móbil e quere velos en directo. O noso criterio é unha parroquia: pensamos que deberían programarse as festas locais en función da nosa lista de Spotify. Por exemplo, o meu cartel das patronais contarían con concertos de Robe, Morrisey, o flamenco de Israel Fernández, o rapjazz de A Tribe Called Guest, o rock de Familia Caamagno e Vinkigur Ólafsson interpretando cantatas de Bach. Foron os temas de músicos vivos que estiven escoitando hoxe ao longo do día en función dos meus estados de ánimo.
Podería presumir que a miña é un programación variada para persoas con gustos ben distintos. Todos pensamos que debe prevalecer o que nós coñecemos porque estamos persuadidos de que garantiza a calidade. En vez de escoitar a Fillas de Cassandra e Mondra para saber se fan música tradicional, os lucenses cos que falo cada mañá nos cafés suben eses artistas ao carro das gaitas e as pandeiretas. Aguilloa os bois para que turren.
- Alcohol, fe, fiordos e outras místicas
Cadroume este debate popular coa lectura do ensaio Ética de la apropiación cultural (Herder) de Jens Balzer. A apropiación cultural é un tema tanxencial ao da autenticidade da música; quero dicir, que para acusar a alguén de roubar elementos dunha cultura hai que delimitar de qué estamos falando.
Israel Fernández actuou o ano pasado nas patronais de Lugo. Esperemos a que o chame Pablo Motos para El hormiguero e consiga a homologación da cidadanía para ser contratado en próximas festas locais. David Broncano xa o entrevistou esta semana en La revuelta.
O último disco de Israel Fernández (Corral de Almaguer, Toledo; 1989) chámase Por amor al cante. Está acompañado na guitarra española por Antonio El Relojero, que é un señor de 80 anos que se dedicaba a devolver o paso ás agullas dos reloxos e que era un simple afeccionado á guitarra. O flamenco é o máis afastado da miña formación, dos meus intereses e das miñas........
© Galiciaé
visit website