menu_open
Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Os fabulosos foguetes amarelos que arden

3 0
26.11.2024

FIXEN O CAMIÑO inverso con On the road. A editorial Anagrama publicou este ano La carta de Joan Anderson de Neal Cassady. Foi o libro que me fixo poñerme colorado por ignorar a crónica de Kerouac que inspirou. Volvamos á orixe para que poida ordenar a historia que quero contarlles hoxe.
Neal Cassady (1928-1968) foi abandonado pola nai. O pai era barbeiro de feiras, un desastre ambulante que fixo o que puido para criar o cativo. Pouco. Con 14 anos, Neal empezou a roubar coches. Kerouac deféndeo dicindo que unicamente o facía para dar un volta. Chegou ao medio milleiro de automóbiles rebentados en catro anos. Así que, imaxinen, Cassady botou a mocidade cometendo furtos e durmindo en hoteis baratos co seu pai. Tras independizarse, durmía en reformatorios e en cárceres instaladas de costa a costa dos Estados Unidos.

Hai un motivo nunca explicado polo que Neal Cassady quería ser escritor. O problema é que non tiña nada que contar. Máis ben que non era consciente do potencial narrativo da súa vida ata que leu a Céline. É dicir, repara en que o coloquialismo e os recordos son dous materiais que forman unha aleación poderosa. Louis Ferninand Céline, o vello médico nazi de Vichy, carga coa lámpada que ilumina a escuridade na que se refuxian os animais máis prezados da literatura. Estaba tentado a remontarme na árbore xenealóxica da literatura salvaxe a Baudelaire. Charles saíu dar un paseo por París o día 23 de novembro de 1857, empezou a escribir As flores do mal e inventou a modernidade en canto a movemento urbano e capitalista, pero dáme preguiza e temo aburrilos a vostedes.

  • Kerouac, o éxito do fracaso

Falemos, daquela, de Neal Cassady. Nacera en Denver, de onde era tamén Hal Chase, estudante brillante e antropólogo notable. Chase consigue unha beca na Universidade de Columbia, en Nova York. Pasados uns meses, Cassady —con 20 anos, xa casado por vez primeira— vai visitalo. Chase preséntalle os seus amigos. Ben, entre eles, están dous rapaces que se chaman Jack Kerouac e Allen Gingsberg. Falan durante horas, falan sen durmir, falan fumando........

© Galiciaé


Get it on Google Play