menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Os días bravos e felices de Clangor

19 0
09.06.2026

AGORA nada é sinxelo para os rapaces. Estiven tomando café onte con Nicolás Carreira. Recomendáralle 'Foto por privado' , o debut exitoso de Simon Chevrier, que publicou Random House en español. Xa lles falara del. Trata da vida mísera dun rapaz que aspira a ser de clase media, pero  se proletariza como prostituto para, resignadamente, comer e pagarse onde durmir. A Nicolás non lle  gustou o libro porque pertence a esa mesma xeración e nada lle revela.

Eu apreciei nesa falsa novela —en realidade é unha crónica vivencial— a confusión da mocidade actual, que, a maiores de padecer as incertezas, debe soportar as voces adultas e asentadas burlándose dela como Xeración de Cristal. Hai unha chea de rapaces escribindo libros breves para chamar a nosa atención que unicamente se están lendo entre os propios mozos.

Eu fun a Santiago no ano 1983 para cursar Dereito, uns estudos que me aburrían miserablemente, pero que eran a arma que me entregaban os meus pais para que mantivese o estatus familiar de clase media sen angustias económicas. Todo o que se me pedía era que aprobase 30 exames para conservar o traballado esforzadamente polas dúas xeracións anteriores. Incumprín o pacto. Nunca tiven intención de respectalo porque me espantaba imaxinarme avogado ou fiscal, porque me daba pudor........

© Galiciaé