menu_open
Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

O limbo é navegar nun cargueiro

5 0
24.09.2024

Gelo foi mariño. Tenme contado a súa vida nos petroleiros. Dicía que o tempo sentíase denso coma o chapapote, que non avanzaba. El levaba libros de Mecánica para preparar a oposición de profesor de FP, que acabou aprobando. Houbo un concepto do que o meu amigo mariño de Ribadeo me falou varias veces: o jetship, que viña sendo como esa confusión de horarios que provoca sobrevoar medio planeta do aeroporto da Lavacolla ao de Sidney. No caso da navegación provoca un cansanzo. O pensamento vólvese lento e labiríntico a un tempo, como se tiveses que solucionar un sudoku infinito a cada segundo para poder continuar vivo.

Pero había días en que se sentaba na varanda de popa abandonado de si mesmo. Neses barcos, grandes como a Cidade da Cultura, funciona o socorro mutuo; mesmo cando as tripulacións empezaron a ser filipinas e unicamente se entendían nun inglés probre. "Ás veces organizabamos unha merenda en proa. Faciamos uns bocadillos na cociña, colliamos unhas froitas e unhas botellas de viño, e alá marchabamos", contaba Gelo. Era unha trampa tendida amablemente ao cerebro, un pacto implícito para non tolear todos.

Viaxar durante cinco ou seis semanas nun barco cargado de toneladas de mercaduría e de tempo que matar, como pretendo, debe ser o máis parecido ao limbo. No limbo, en teoría, non hai dimensións nin elementos materiais, quero dicir que non hai paredes, nin portas, nin cadeiras, nin aire para respirar, nin Cheetos para distraer a espera comiscando. Os artistas nunca se puxeron de acordo. Para Dante é un souto no que "viviron antes da era cristiá". Alivia lerlle na Divina comedia (Curuxa) que "non hai bágoas no aire eterno/ unicamente un tremor causado polos suspiros de pena". Pero deben esperar a que Cristo baixe buscalos e os vaia chamando un por un para que suban ao Ceo, como fixo Décimo Xuño Bruto no río Limia cos seus soldados. Imaxinen a cantidade de persoas que naceron antes de........

© Galiciaé


Get it on Google Play