Comer e pensar nos tempos da República
Parece que Aristocles, que era o nome de Platón, era un home sobrio, dun hedonismo contido. En A República pon a Sócrates a explicar cómo sería a comida nese mundo ideal. Sócrates rebate ao sofista Glaucón. "Unha vez construídas as casas os homes traballarán no verán espidos e descalzos. Alimentaranse de fariña de trigo e cebada, tras amasala e cocela, servirán ricas tortas e pans sobre xuncos ou sobre follas limpas, deitados en camas feitas de follas de grelo e mirto, festexarán eles e máis os fillos bebendo viño coas cabezas coroadas e cantando himnos aos deuses. Cociñarán con sal, olivas e queixo, e ferverán con cebola e legumes. A xeito de sobremesa servirán figos, garavanzos e fabas, así como baias de mirto e landras que torrarán no lume, bebendo moderadamente". Considera Platón, por boca de Sócrates, que esta alimentación tan herbívora e tan triste é unha garantía para que "sexa natural que cheguen á vellez".
Hai un motivo social detrás desta chamada de Platón a comer con penuria e beber con mesura. Veño de descubrilo en Pensar/comer (Herder) da ensaísta chilena Valeria Campos Salvaterra. Explica que Platón fai "unha sorte de criminalización do culinario en canto a que asimila as prácticas da cociña coa retórica dos sofistas", que o pensador percibe ambas coma unha capa de falsidade que enmascara a realidade. "Os cociñeiros de discursos son os sofistas e os seus banquetes ofrecen deleites perigosos ou directamente perxudiciais, pois tanto a retórica coma a culinaria non se ocupan do que sexa bo para o home, senón do que lle produce pracer", indica Campos Salvaterra sobre a base dunha lectura do Gorgias.
Mentres leo este ensaio non deixo de preguntarme por qué Platón leva a Sócrates ao seu ámbito de pensamento tan estritamente. Non me cadra ese ascetismo nun condeado a morte por pensar contra as normas instaladas sen crítica como Sócrates. Polo que nos contan os seu contemporáneos era retranqueiro e burlón.........
© Galiciaé
visit website