Case sempre en Galiza
Gerardo Fernández Albor era un joven audaz cando tiña vinte anos. En 1936 marchou a Alemaña para formarse coma piloto da Luftwaffe. Toda esa valentía para voar en avións de guerra Junker marcháralle en 1982, o ano en que empezou a ser presidente da Xunta. Era un político que se movía entre a prudencia e o temor, subordinado á personalidade elefántica de Manuel Fraga.
Galicia tiña o seu primeiro goberno desde que deixara de ser reino; oficialmente, en 1833; na práctica, séculos antes. Albor pensou que repatriar os restos de Alfonso Castelao, que falecera en 1950 en Bos Aires, sería un impulso lexitimador da autonomía. Ao tempo, non se lle escapaba que os nacionalistas, agrupados daquela no independentismo esquerdista da BNPG —antecedente do Bloque— se oporían frontal e agresivamente a que un goberno auscultado a diario polo exministro da ditadura se apoderase do capital simbólico de quen houbo de emigrar en fuxida desa mesma ditadura.
A saída do labirinto chegou para Albor desde a outra beira ideolóxica. Camilo Nogueira (Vigo, 1936) dirixía o PSG, que era un pequeno partido socialdemócrata, nacionalista e europeísta; integrado por cadros con formación universitaria. Era o único parlamentario. Os seus rivais íntimos eran os seus socios, os deputados dun Bloque que non sentaban en San Caetano por negarse a xurar a Constitución. Nogueira presenta a proposta oficial para alivio da Alianza Popular —agora, Partido Popular— de Albor, que daquela aínda se refería a Galicia como «región», como recorda Rajoy: "Un día hablé de nuestra región y Nogueira se puso como una fiera".
Lexitimado polo posibilismo do PSG, Albor atopa un respiradoiro, chama a Antonio Rosón, que fora primeiro presidente da Xunta e o cerebro que montara pacientemente as pezas dese primeiro goberno do país. As voces más potentes do Bloque empezaran a bramar, así que pensaron na importancia de que a familia de Castelao dese o seu........
© Galiciaé
visit website