menu_open
Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Alegrías impostadas e un pouco de confeti

70 0
21.05.2024

Temía que Europa me decepcionaría este ano. Pensaba que os votos dos pretéritos, os retrógados e os desalmados lograrían que Israel gañase. Non me importa que Israel gañe un concurso televisivo, pero si que gañe terras para arrasar todo o que levante do chan, sexan persoas, árbores ou hospitais. Estiven vendo un vídeo da representante semítica. Varios rapaces do seu equipo berrábanlle e insultábana para que se afixese a esa agresividade durante a súa intervención en Eurovisión. O importante non era tanto esquecer a violencia que desenvolve o seu país como non desconcentrarse. A música é sandadora. Na Torah 16:23 pode lerse o xeito no que espírito de Deus baixa ao rei David para que este toque a lira "daquela David sentía un alivio, sentíase ben e o espírito maligno afastabase del”.

Ortega i Gasset escribiu que "como as masas non deben nin poden dirixir a súa propia existencia, e menos rexentar a sociedade, Europa sufre agora a máis grave crise que a pobos, nacións, culturas, poden padecer". Ortega tiña un pensamento elitista porque desconfiaba das colectividades. Sospeitaba que se guiaban pola emoción. Eurovisión é un exemplo diso. Afortunadamente, inocuo. Pío Baroja definía a democracia como "a ditadura dos números". Consideren vostedes nesta lectura que están facendo do meu texto que Baroja era a Oposición. Contra unha postura e a contraria. Se había unha postura definida el estaba en contra. Máis que razoamentos tiña teimas.

As masas españolas que votaron no certame televisivo da canción outorgaron a máxima puntuación á cantante de Israel e a segunda, a Ucraína. Fixeron distingos entre dúas invasións duns países a outros; onde eu non os atopo. Lembroume a Alberto Núñez Feijóo cando pide que se manteña a ideoloxía fóra das aulas mentres visita un colexio católico.

O pasado xoves contábame unha directiva da maior empresa de moda que temos no país que París e Milán propoñen saias para homes neste tempada. Ela dubidaba........

© Galiciaé


Get it on Google Play