Aberto 24. O tempo das galerías
Dende esta semana unha boa representación do tecido galerístico galego bota a andar unha nova tempada chea de ilusións e desafíos, pero sobre todo de complicidades con diferentes creadores que precisan deste tipo de espazos para amosar o seu traballo e facelo chegar ao público.
Contemporánea acolle a nove galerías que inauguran a súa tempada expositiva cunha apertura conxunta no seu comezo e que leva a cidades como Compostela, A Coruña, Vigo ou Ourense unha diversidade de proxectos artísticos que debemos percorrer para darlle o respaldo preciso tanto aos creadores como ás propias galerías.
O certo é que esta iniciativa permite confiar nun colectivo unido, reanimado nas súas constantes vitais tras tempos máis escuros, pero que dende hai uns anos semella estar moito máis receptivo a unha actividade en común que seguramente será moi proveitosa para todos eles. Tamén para o tecido artístico, os creadores, que non poden estar sempre pendentes de institucións públicas para amosar o seu traballo, converténdose as galerías de arte nese espazo de activación máis inmediata e cun ton de fescura........
© Galiciaé
visit website