menu_open
Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

A sombra escapa do Club da Páxina 15

7 0
08.10.2024

A sombra do relato de Andersen namora dunha princesa e casa con ela. Logo de sentar no trono manda aos seus soldados de maior confianza buscar ao rapaz que lle deu a vida para que o maten. Esta semana estiven lendo Cuchillo (Random House), as reflexións de Salman Rushdie sobre o ultimo intento de asasinato que sufriu. O norteamericano Hadi Matar (sic) achegouse ao escritor cando ía dar unha conferencia en Nova York e cravoulle un feixe de coiteladas fondas e aleatorias sen reparar onde chantaba o puñal. Foi o ataque máis efectivo que a media ducia de conspiracións que desmontou o servizo de espionaxe británico desde que foi condeado polo aiatolá Jomeini en 1989 porque o integrista consideraba que o novelista ofenderá ao Islam.

Falo de eficacia desde un punto de vista criminal. Eu nunca intentei matar a ninguén, nin sequera pensei tal barbaridade. Resuta fácil falar sobre o que non sabes, pero esperaría a que a vítima estivese confiada e trazaría o máis sinxelo dos plans porque son os que mellor resultado dan, quero dicir que, se me sentise un axente de Deus coa misión de matar un escritor porque el se escarallou do fanatismo relixioso en Os versos satánicos faría algo tan elemental como o que perpetrou Hadi Matar (sic) no verán de hai un par de anos. Ir a unha charla pública de Rushdie e acoitelalo, é o xeito máis certeiro de cumprir a vontade divina.

Acompáñenme ao principio do infortunio de Salman Rushdie. Mentres imos á orixe recórdolles que o escritor hindú é ateo, fillo de dous ateos e pai de dous ateos. Quero dicir, que hai non tantos anos en España aceleríanlle a baixada ao Inferno contra a tapia dun cemiterio.

  • Los otros del espejo

Todo comezou coa publicación de Los versos satánicos en 1988. Hai moitos anos que a empecei a ler e téñoa esquecida, pero lembro que a novela trata de dous actores de Bollywood que viaxan a Gran Bretaña nun avión. O voo é secuestrado por uns separatistas de Xalistán, que queren que o seu país sexa independente da India. Recordo que a novela comezaba cunha........

© Galiciaé


Get it on Google Play