A gran voda galega de Paco de Lucía
La leyenda del tiempo (1979) é o meu disco favorito de Camarón. Supoño que se debe que é un música que "entendo" porque o cantante rachou coas ortodoxias e incomodou aos puristas. Quedo nese nivel de dificultade. Son incapaz de chegar ás sutilezas do flamenco. O curioso desa canción é que está adscrita a un pao chamando "bambera". As bamberas son cancións infantís que se cantan na "bamba", a randeeira que tamén chamamos "bambán" en galego. Supoño, tamén, que se debe a que nese álbum canta poemas de Lorca, e a que Lorca é o meu amor poético. Os camiños para chegar a Lorca son inescrutables porque escribe cos renglóns tortos dos deuses mediterráneos.
Algo similar lle aconteceu a Rosalía. Ela viña do disco tradicionalista Los ángeles (2017) e se lanza un ano máis tarde a escribir El mal querer con tonalidades de pop. Disfruto ambos, sendo tan diverxentes; o primeiro, pola sonoridade, o segundo, pola audacia. El mal querer está inspirado pola novela Flamenca (1237), un triángulo de amor cortés medieval escrito en occitano. Flamenca é o nome da protagonista nada ten que ver co estilo musical. Refírese ao galicismo "flamboiante", que define unha cousa "flamante, dunha color vermello viva". Rosalía vai seguindo o libro no seu disco, pero parece que buscou, a maiores, lanzar unha mensaxe. O libro Flamenca concitou tanto escándalo que forma parte da exposición El infierno de las maravillas, coa que a Biblioteca Nacional de Madrid inagurou o pasado luns o seu novo museo.
El mal querer foi un traballo do enxeñeiro de son Jesús Bola, que traballou tamén en Soy gitano (1989) de Camarón de la Isla, no que participa Paco de Lucía. Jesús Bola acaba de dedicar dous anos a restaurar Pepito y Paquito, con cancións de Pepe e Paco de Lucía. O nome do disco, tan diminutivo, pode soar ridículo, pero dá........
© Galiciaé
visit website