A campo aberto
Fole viña de ler que a Asociación de Escritores en Lingua Galega o propuxera como candidato ao Premio Nobel. Sorprendeuno por desmedido. El xa non era o rapaz que lía os clásicos e xuntaban amigos con ambicións de ser escritores, músicos e pintores no xardín da casa, onde se. Era un home maior, encorvado, cos dedos amarelos de fumar, preocupado polas varias páxinas de xornal que debían encher cada día e interesado no conto contado, no relato popular. A súa vida foi unha viaxe do internacionalismo de base urbana ao campo, cun regreso á cidade que foi corporal unicamente. De ser fillo da burguesía a ser feliz nas tabernas, do centro á periferia e da elite ao popular.
Nos anos 70, o escritor entraba na redacción de El Progreso cun sombreiro de palla e un bastón colgándolle do brazo a xeito dun vello amor. Empezara a colaborar en novembro de 1928 cunha exaltación de Góngora, a quen el vinculaba coa actualidade literaria do momento. Relacionaba ao poeta do Século de Ouro cos novísimos e incomprendidísimos García Lorca, Gerardo Diego e Rafael Alberti.
Aqueles amigos do xardín doméstico, que o foron para toda a vida pois era de afectos sólidos, colaborarían con el anos máis tarde, en 1932, empuxados polo entusiasmo foleaono para fundar a revista Yunque, co lema de Periódico de vangarda politica. O director imprímiulle un aire esquerdista no contido e avanzado no deseño. Estaban ben relacionados. Lograron que Lorca lles cedese un dos seis poemas en galego. Madrigal á cibdá de Santiago, para dalo a coñecer.
Ánxel FoleO bisavó paterno, Juan, tiña propiedades en toda Galicia. O seu pai, Reinaldo era un avogado e político que ocupara a alcaldía de Lugo. Reinaldo mandara construír un caserón aproveitando o solar dunha vella torre sobre o río Miño, nas aforas de Lugo. O escritor nacera en 1903 no centro da cidade, trasladouse a ese caserón, onde viviu ata os oito anos. Despois, os oito irmáns de dous matrimonios, volveron........
© Galiciaé
visit website