Os homes do Norte
OS GRUPOS viquingos pagáns que chegaron á actual Normandía xurdiría un pobo cristián e francófono: os normandos. Foron estes novos normandos, froito da mestizaxe cos nativos, os que, segundo o autor, haberían de derrubar e reedificar os cementos da cultura europea. Levi Roach, profesor titular de Historia Medieval da universidade de Exeter, é o autor do libro Normandos. Los vikingos que crearon Europa, editado en castelán por Crítica (Editorial Planeta) en 2023; sendo seu título orixinal Empires of the Normans. Makers of Europe, Conquerors of Asia.
"A furore normannorum libera us, nomine". Da furia dos homes do Norte libéranos, señor. Con estas palabras rezaban os monxes saxóns para conxurar a presencia dos viquingos, normandos, varegos, lordemanos ou daneses, que de todas estas formas se lles chamaban aos pobos do Norte que asolaron Europa durante a época altomedieval. Cando, máis dun século despois, en 1066, os saxóns de Haroldo se enfrontaron en Hastings á cabalería pesada do duque Guillerme II de Normandía, o descendente de Rollo que se presentaba a disputarlle o trono, xa non tiñan en fronte a aqueles bárbaros nórdicos, senón a un exército civilizado, cristián e que cultivaba o espírito cabaleiresco. Xa o predecesor de Haroldo, Eduardo o Confesor, era medio normando e fora criado na corte de Ruán.
En pouco tempo os........
© Galiciaé
visit website