O pasaporte Nansen
Despois de máis de 65 anos esquecida, en 2019 publicouse en inglés a deliciosa narración autobiográfica que leva por título Os días do Cáucaso e seguidamente, como se se contaxiase da presa occidental, no resto das principais linguas. Siruela acaba de publicar en castelán Los días de París, segunda parte do mesmo relato.
Umm El-Banu Äsâdullayeva (1905-1992), máis coñecida como Banine, naceu en Bakú no seo dunha familia de magnates do petróleo. Orfa de nai desde moi pequena e cun pai ausente, foi unha institutriz alemá quen se encargou de crialas a ela e mais ás súas irmás.
Á ambigüidade xeográfica de Bakú, a cabalo entre Europa e Asia, uníase a dualidade cultural entre o persa e o ruso, entre o islam e o cristianismo do imperio dos tsares. Entre a voluptuosidade oriental e as fantasías occidentais dos multimillonarios do petróleo, materializadas nas novas modas e nas súas mansións, auténticos revivals góticos, barrocos ou renacentistas.
Nesa sociedade dual pasou Banine a súa infancia e adolescencia. Por un lado a institutriz, o estudo do ruso, alemán, inglés e francés, amén das demoradas horas na ben nutrida biblioteca occidental de seu pai. Por outro, unha delirante familia tradicional, formada por avós, tíos e curmáns que se xuntaba nos veráns nunha casa de campo preto do mar Caspio.
Ese mundo, descrito en Os días do Cáucaso, viríase abaixo por mor da Gran Guerra, a Revolución de Outubro e a Guerra Civil; mentres que o triunfo........
© Galiciaé
visit website