menu_open
Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

O cura que pintou as frechas

10 0
06.11.2024

Conta Álvaro Cunqueiro que, camiñando entre Samos e Triacastela, buscou acomodo nunha taberna. En preguntándolle ao taberneiro se xa non pasaban peregrinos, este contestoulle que "por eiquí estivo fai uns anos un francés que botaba coplas. Chamábase don Germán". Tal era a tónica xeral do Camiño de Santiago ata finais dos anos 80 do século pasado. Nas vilas do Camiño, cando asomaba un peregrino, normalmente estranxeiro, era todo un acontecemento; os nenos achegabámonos a velo pasar e, xa pola noite, era tema de conversa en cafés e fiandóns. Cunqueiro cavilou que o tal don Germán non podía ser outro que o poeta simbolista francés Germain Nouveau, falecido en 1920, quen botou unha chea de anos da súa vida peregrinando. Seica peregrinaba vivindo de esmolas.

Pouco despois da guerra, cando miña avoa Flora enfermou de tifo, a tía Marcelina ofreceuna a peregrinar a Santiago e, en curada, alá marcharon as dúas, durmindo onde lles deixaban e comendo do que lles daban, porque así, igual que Germain Nouveau, era como se peregrinaba antigamente.

  • Luís Celeiro presenta a tradución ao italiano do seu libro 'Elías Valiña, valedor do Camiño'

En 1951 peregrinou a Santiago, a pé desde Roncesvalles, o antigo líder rexista belga e xeneral das SS, Léon Degrelle, quen publicou as súas notas nun libro que leva por título Mi camino de Santiago. Nel relata as peripecias do seu peregrinar por camiños sen sinalizar e "verdadeiramente infranqueables", así como as súas pernoctas en "fondas infectas". Tamén narra o milagre eucarístico do Cebreiro, "a máis estraña das pequenas aldeas de montaña, con casas ovais —si, ovais—, é dicir,........

© Galiciaé


Get it on Google Play