As particións do Reino
A esta segunda partición aínda haberían de seguir outras, destacando especialmente as que perpetrou o Estado liberal no século XIX.
O 16 de outubro de 2021, mentres eu asistía, no Teatro Vilafranquino, a un acto que conmemoraba o 200º aniversario da creación da provincia de Vilafranca do Bierzo, que incluía Valdeorras, durante o Trienio; uns amigos celebraban en Compostela unha cea de desagravio, tamén polo 200º aniversario da partición e desaparición do Reino de Galicia. De feito, o último vestixio do vello reino é a ofrenda que anualmente se realiza en Lugo, polos alcaldes das antigas capitais, ao Santísimo Sacramento. A división, xa definitiva, de 1833 acabaría por consolidar a partición.
A creación do Estado autonómico a partir da Constitución de 1978 viría a afondar as diferenzas legais entre os galegos que viven dentro dos límites administrativos de Galicia e os que quedamos fóra.
Galicia recuperou o seu dereito foral, en pleno franquismo, coa Compilación de 1963 que, paradoxalmente, tamén era aplicable a determinados territorios das provincias de Oviedo,........
© Galiciaé
visit website