menu_open
Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

A Mansellesa

4 0
25.06.2024

FOI ESCRITA para ser entoada, ao compás dos acordes da marcha francesa, nunha homenaxe in absentia, que tal foi a que lle tributamos os amigos a Anxo Angueira, o vate de Manselle, o día do seu ingreso na Real Academia Galega. Mentres el era recibido polos seus novos compañeiros no Templo da Lingua cun banquete oficial, nós celebrabámolo xantando, brindando, facendo soar as buguinas e cantando as estrofas do himno composto para a ocasión: "Vamoh rapaseh de Manselle/ o día de ghloria está a cheghar./ Dende hoxe a Academia Ghalegha/ e seleste e mais anxelical,/ pois entrou o patrón da Roxiña/e a xente empesa a bolinar/ Ai si,/ e a xente a naveghar…/ Con el vén a dignidai./ Con el vai a libertai./ Aí o vén,/ irmous,/ vén o patrón./ Ghalisia está de pé/ está de pé !!!"

Esta homenaxe pensei en alongala cunhas liñas de escrita pero xa se me adiantou Nieves Neira publicando nestas mesmas páxinas un memorable artigo que levaba por título Angueira e a tribo inmemorial. Un maxistral e emotivo texto que xa me gustaría a min ser capaz de deliñar. Non o escribín, pero tiven a honra de estar alí, en Padrón, xunto aos membros desa tribo inmemorial “que viven aínda condenados á entrega e ao soño comunais”. Eses que, non hai tanto,........

© Galiciaé


Get it on Google Play