menu_open
Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Vacacións no descampado

7 0
24.09.2024

Tiñan a cabeza quentada ca promesa de solpores incendiados en praias desertas, amenceres solitarios fronte a montaña; o fume do café esvaecendo no ar tépedo mentres se desfai a bruma aló nos suaves picos e xa se albisca unha fervenza escintilar en prata e escuma. Pero están nun descampado entre malas herbas, cabichas esmagadas e panos de papel engurrados. E igual que eles, a escaso medio metro cada lado, unha ducia de caravanas máis: brancas e varadas, e así enchen as zonas onde poden pernoctar de balde e sen horarios. Das ventás cadradas, grosas e de aspecto vagamente náutico sae unha luz feble. Dentro andarán mal estomballados nos sofás cativeiros, sen moverse moito porque o vehículo abanea, mirando os móbiles para matar o tempo e con pouca gana de parola. Porque están a medio segundo dunha fervenza a estoupar, si, pero de queixas e reproches.

Non moi lonxe pasan os camións deixando o seu ronsel quente e viciado.

"Sáhara, allí va mi caravana, estéril tierra africana, la favorita del sol", cantaban Los Tamara —e agora ás veces Los Satélites— igual romantizando un chisco de máis a terrible vida dos nómades. Imaxinamos........

© Galiciaé


Get it on Google Play