Un feixe de chaves
Eu teño: as da casa, que son unha pequecha para o portal –iso dixera o dono, que era a do portal; pero como anda aberto día e noite nunca me deu por comprobalo– e outra máis impoñente, rica en rebaixes e acanaladuras, que é a da porta blindada; as dos meus pais, que meten máis medo e gardan maior filigrana, a do garaxe –porque o mando a saber onde foi– e da caixa do correo onde medra, máis que nada, a propaganda; as de Marta, pois como Marta sempre foi un desastre deixoume copia para cando ela as perdera: mesma razón para estas de Paula, inda que de Paula hai ben anos que non sei nada nin case me acorda onde vivía.
En definitiva: eu non teño nada. Unha estéril fauna metálica, dócil e enlazada, amorroando no meu peto. Haberían montar rebelión, que é o propio das greas de presos e bandas mal levadas. Este hábitat que lles gardo, este aro que a forza de entradas e saídas hai tempo que xa non é un círculo perfecto, conta dous hemisferios: velaí a lista das especies catalogadas. Destas coñezo o nome e podo mandarlles ubicación de Google Maps cando sintan a ansiedade pola súa tobeira, pois é coñecido que unha chave........© Galiciaé
visit website