Todo o mundo lle escapa a Mariluz
CHEGOU O inverno. Andamos os veciños máis metidos na casa e non todo o día a enredar por fóra, que se lendo na hamaca, a regar os tomates, de paseo cos cans. Xa non pode ela asomar a cabeza polo valo e reclamar a nosa atención dende cincuenta, cen metros de distancia. Meteulle unha boa poda ás hortensias do seu valo para que vexamos mellor o soa que está.
Simeón o Estilita tamén tiña un punto exhibicionista da súa soidade: pasou 37 anos chantado nunha columna no deserto, aló pola banda de Alepo en Siria. O seu era o rigor e a penitencia; antes estivera cuns monxes famosos polo masoquismo, botárono por radical. A xente acudía onde o Simeón por ver e falar con tremendo friki, e o fulano por arredarse deles mudábase a outra columna máis alta, e así sucesivamente congregaba máis fans e monetizaba o da inevitable santidade.
- Un "chatarrero justiciero" que pone flores para dar visibilidad a los baches
Daquela o tema non estaba tan profesionalizado e facíanse santos un pouco como cadraba; se nunha aldea non tiñan patrón ou patroa para montar a festa e traer ao Dúo........
© Galiciaé
visit website