menu_open
Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

O club da ponte Cruzul

9 0
12.12.2023

DISQUE veñen de ata moi lonxe. Que botan horas a conducir. A saber o que se lles pasará pola cabeza no longo traxecto. Que música levas no coche cando te vas guindar dunha ponte? Cando cedes a esa idea meditada, pero pasional, colles as chaves e prendes o contacto; pensas na lista de Spotify ou quedas con Cadena Dial? Haberá quen poña Radio 5, co seu ton anestésico, por saber das derradeiras noticias deste mundo. E se polas montañas a radio non colle sinal sempre vai estar Radio Clásica. O día que un pulso electromagnético acabe ca civilización o último que resista nas ondas será Radio Clásica e Radio María, cos seus rosarios calidade psicofónica.

E con estas dirán que xa abonda de conducir. Non hai arcén na ponte Cruzul, pero paran igual. Un pouco polo hábito deixan os intermitentes postos, quitan o cinto e saen cara ao frío perpetuo dos Ancares.
Son xente pouco impresionable. De cando en vez cae un tramo da autovía, retumba ao lonxe, levantan o queixo e din: "Tampouco será para tanto". "E si é?" "Habémonos enterar".
—O do milenarismo cando o século X si que foi un bo........

© Galiciaé


Get it on Google Play