menu_open
Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

No 2º G hai un narcopiso

37 0
07.05.2024

O portal, así a ollo mil quilos de forxa, vidro, dourados e presunción, abre renxe e pecha, abre renxe e pecha. Polo día non fai mal, todo o tráfico da cidade fóra; ás noites, todo calado, é un non parar. Debeu ser no seu día algo levemente distinguido, este edificio. Ten o nome da finca —rimbombante e ridículo— escrito en placa de bronce, para que lles quede claro aos repartidores de Glovo que isto non é un simple enderezo de rúa número. As paredes están forradas de cristais como un palacio árabe de conto de Borges. Neles reflíctense as caixas de correo, lacadas cunha imitación de madeira que onde foi que xa non brillan, pero moitos nomes parecen os dos primeiros inquilinos. Delátao esa tipografía cursi, así como manuscrita en cole de monxas, ca que presentan os menús nas vodas e os recordatorios nos enterros. Señor e señora de, don tal e dona cual, familia dameigual, fillos que han ter sesenta anos xa. Se lles preguntas polos pais dirán que tampouco viven no centro-centro, pero os vellos van tardar medio nanosegundo en corrixir que claro que é o centro, como non vai ser o centro, cando........

© Galiciaé


Get it on Google Play