Dádeme cartos e deixádeme en paz
Moito nos rallan con volver ao rural pero logo todo son sutís advertencias para que tiremos a idea da cabeza. Miren As bestas. Vale, facemos un pouco drama cando albiscamos detrás de cada valado desfeito por se son alí os Luís Zahera e Diego Anido —especialista en papeis arrepiantes: en O corno fai de mago— da parroquia, pero estamos programados na referencia. Tamén cando vemos unha alfombra xeométrica cabo dun longo corredor pensamos no Hotel Overlook e O resplandor. Esa non a reivindican os que soñan cunha vida illada, sen wifi nen veciños aos que dar os bos días. Stephen King queixouse de que Kubrick minimizase a compoñente sobrenatural da súa novela, pero admitiu o realismo sobre o que é a vida dun escritor. A de perder a cabeza diante dun teclado, non saír detrás da familia cunha macheta como Jack Torrance.
Borja, que é menos peliculeiro e máis hippy, en canto reuniu valor e cartos deixou a cidade pola aldea. Por integrarse e porque o gym quedaba a desmán foise apuntar no equipo de veteranos. Chegou con boa fe pero mal pe: en canto remataron de meterse con el por ser guapo e vir de fóra —fóra: antes vivía a media hora en coche—........
© Galiciaé
visit website