menu_open
Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Criaturas efémeras da fin do inverno

10 0
20.03.2024

SERÁ MOI LÍRICO e moi civilizado o mal tempo, e quedar na casa cunha bebida quente a fumegar entre as mans pensando: que cousa vulgar, os días solleiros; e fitar pola ventá o repenicar da chuvia como unha diluída estrela da canción faría co móbil, por se chaman do Luar.

Saben quen o pasa mal de verdade nestes días? A Siradella. A que soña co verán e a coñecelo nunca chega. Desta criatura sábese que habita nas dobreces das bolsas de praia que temos arrombadas dende o ano pasado, que suspira rillando as areas que nos deu preguiza voltear e que está cruelmente vetada pola normativa municipal de Barreiros. A escusa? preservar a excelencia turística. Xulguen vostedes a severidade do Concello: o trastorno deste animal ínfimo, non comestible, inofensivo pero insistente consiste en subirse á cama de quen durme —non molesta apenas, pesando só como areas que come— e proxectarlle na fronte, cun faro que ten enriba dos ollos, imaxes de amor e praia que copiou dunha película italiana.

Resulta tan considerada que o fai en silencio, pois na súa cabeciña —que é como de mosca, e sempre baixada por tristeira— o verán ten o audio quitado, para........

© Galiciaé


Get it on Google Play