menu_open
Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Chevrolet Impala

22 0
06.02.2024

Tivo moitos anos un concesionario xusto alí, onde remata o polígono; agora, xubilado, ás noites non pode durmir. Tantos rapaces que saían cantando roda. O coche noviño perdéndose en fumareda, bramido e bandazo. Era o pack daqueles tempos: eran os dezaoito, o carné de conducir, os avós de zapato enlamado soltando a billetada —directa do peto, enrolada nunha goma— e o GTI máis bravo que tivese na exposición. Logo non todos, que os había que aprendían ao primeiro susto, pero pasaba o que pasaba. Fora a enterros por compromiso e certo medo, como se lle tivera posto a pistola a alguén no peito para levar o de 250 CV. Cando o recoñecían mirábano con nostalxia e mesmo parecía que lle daban as gracias:

—Nunca tan feliz o vimos como cando lle diche as chaves. Polo menos foise facendo o que máis lle gustaba. E cos amigos detrás.
A xente, non querendo dicir nada nos enterros, acaba por dicir unhas cousas tremendas.

Agora, no polígono, longas son as noites de inverno, e perténcelles aos coches. Pasan por cunetas solitarias —estradas sen farolas que ao disiparse o cheirume a gasolina volven ser do xabaril, do corzo, da raposa— guindando latas de........

© Galiciaé


Get it on Google Play